III. PAZOS

PAZO DE FONTEFIZ
TORRE E CASA SEÑORIAL DE LAGARIÑOS
CASA GRANDE DE LAGARIÑOS
PAZO DA NATORRA
PAZO DE MALVEDO
VILANOVA DE ARROXO
CASA GRANDE DE VILANOVA
PAZO DE SOUTO DE REI OU DE SOUTULLO
CASA DOS CAAMAÑO

 

PAZO DE FONTEFIZ

Atópase na parroquia de Santa María de Ucelle.

A súa antigüidade supera á época típica destas construccións, xa que hai indicios documentados da súa existencia aló polo século X no cal se fai referencia ó chamado Casal de fonte Felici.

O nome de Fontefiz, deriva dun antigo propietario de nome Fiz (Félix en castelán).

No século XV xa pertencía ó mosteiro de S. Clodio, e no 1597 sería aforado a Gregorio de Nóvoa, que fundaría a linaxe de Fontefiz. A pesar de todo cabe sinalar que o propio D. Gregorio non vivíu no pazo, senon en San Xinés da Peroxa. Posteriormente pertencería ós marqueses de Leis (1866), tra-la morte do seu anterior propietario Pedro Ventura de Puga.

A linaxe implantada por Gregorio de Novoa, logo se fixo forte e xa no século XVIII a potencia económica da Casa de Fontefiz consolidóuse de seguido, de feito pechase o eido, constrúese e canalízase unha presa de auga para o servicio da casa, fanse as cortes, o cabaceiro, a tulla de pedra os maineles da casa e o retablo da capilla. O patrimonio seguíu a medrar mediante a compra de varias parcelas que remataron por formar grandes fincas, tal caso atopámolo nas grandes extensións de fincas que circundan o propio pazo. E o potencial económico, aumentóu debido ás rendas de varios municipios de Vilamarín, A Peroxa, Coles e Chantada.

Mais no século XIX, inicia unha decadencia da que xa non se recuperaría. Atopa a principios dese século un descenso dos prezos de productos agrícolas, este repercute na economía  da fidalguía que se basa no aporte de rendas en especie fixas. Ademáis os prorrateos e pago de impostos (contribución territorial), xunto cos pagos da renta pasiva e da dispersión do patrimonio, son as características que definen a fin do poderío da fidalguía.

O edificio presenta unha planta en U, patio pechado por muro con portalón exterior coroado por un escudo e outra interior cara outras dependencias da finca. No patio interior  presenta os escudos das familias que o posuíron: Nóvoa, Vilamarín, Temes, Rajó, Deza, así coma un balcón sostido por canzorros. Tamén atopamos neste patio dous reloxios de Sol. Fóra do edificio e mismo onde a porta que da ó exterior hai un palomar. No interior do edificio destaca a escaleira noble, a lareira, ambas feitas en pedra de canteira. A cheminea da lareira ten seis metros de altura e destaca na fachada suroeste do edificio.

Actualmente o pazo é unha granxa de explotación gandeira que pertence á consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

TORRE E CASA SEÑORIAL DE LAGARIÑOS

Está na parroquia de San Eusebios, dentro dun eido extenso e limitada por un murallón que a separa do resto das vivendas do pobo.

Comeza a ser importante aló polo 1560, con Lopo de Somoza, fillo dun escudeiro do Conde de Ribadavia.

A planta e de difícil clasificación porque o pazo é unha mixtura de distintas construccións consecutivas. Destaca a torre rectangular con miradoiro na parte alta.

CASA GRANDE DE LAGARIÑOS

Parroquia de San Eusebios.

Vinculados ós descendentes dos Feijóo-Montenegro. Presenta unha planta en forma de U. Muro almenado con portalón adintelado. Cheminea ancha de corte transversal trapezoidal.

Actualmente o conxunto está modificado polas divisións en diferentes vivendas.

PAZO DA NATORRA

Ubicado en San Eusebios.

Planta en forma de U. Presenta dúas solainas, unha con escaleira de acceso dende o patio e a outra con acceso exterior.

Ten cheminea en dous corpos.

Capilla.

PAZO DE MALVEDO

Atopámolo en Ribela.

Pertenceu as familias Puga e Feijóo e os seus descendentes, Saco y Arce.

Este edificio construído en sillería granítica encintada presenta planta en forma de U con torres debido ó desnivel do terreo.

Destacamos do edificio: o portalón de entrada con arco de medio punto, formado por grandes dovelas, balcón que se abre no piso alto, escudo de armas que se amosa na fachada, dúas chemineas, patio exterior con solaina, cabaceiro, forno, fonte e pombar. Ademáis tamén ten servicios relacionados ca finalidade agrícola: casa de caseiros, pendello, almacéns, ...

VILANOVA DE ARROXO

Ubicada en Santa María da Barra.

Como dato importante, sinalar que o apelido Arroxo, é de carácter ilustre, sendo ademáis orixinario desta zona.

O pazo queda illado do núcleo urbano, xa que está rodeado dunha extensa propiedade.

Edificio de planta rectangular de grande simetría, rodeada dun patio con: cabaceiro, fonte, e capilla adosada ó murallón de entrada.

Na fachada principal sobresae unha escaleira de pedra con dous tramos e barandilla maciza que da acceso á planta principal por unha grande solaina de madeira que percorre dúas das fachadas do edificio.

CASA GRANDE DE VILANOVA

Atópase na parroquia de san Xillao de Ribela.

Presenta planta en forma de U, con torre no extremo dun dos corpos laterais e un patio pechado. Ademáis teñen outros dous patios de servicio onde se atopa a casa dos caseiros, o cabaceiro, o muíño de aceita e a aira.

O material de construcción do edificio é sillería e manpostería.

Forma parte do núcleo urbán cunha fachada á rúa do pobo de Vilanova de Ribela.

Ten ademais: pambar, cabaceiro e adega.

PAZO DE SOUTO DE REI OU DE SOUTULLO

Está na parroquia de Santiago de Gustei.

Escudo na fachada meridional, "suxeito" por unha águila bicéfala que ostenta emblemas dos Novoa, Vilamarín, Deza e Boán.

CASA DOS CAAMAÑO

Situado en Barra de Miño.

O aspecto exterior é de igresa románica.

Destacan as cornisas de canzorros.